taxi

taxi

(< apócope de taxímetro)

  1. s m [TRANSP]

    Automóbil de aluguer destinado ao servizo público de transporte de viaxeiros, cun número reducido de prazas e dotado dun taxímetro. Nas grandes cidades, están pintados coas mesmas cores para facilitar a súa localización, e os libres levan acesa unha luz pequena na parte superior da carrocería.

  2. taxi aéreo [AERON/TRANSP]

    aerotaxi.