tear
(< 1 tea)
-
s
f
[TÉXT]
Aparato ou máquina para tecer. O tear para tecidos formado por urdido e trama, na súa forma máis elemental, está disposto da maneira seguinte: por detrás ten colocado o pregador do urdido, do que se desenrola cara a arriba o urdido. Este pasa pola guía de fíos e desvíase adoptando unha dirección horizontal. Forma seguidamente a cruz mediante as canas e a continuación pasa a través dos lizos, cuxo movemento alternativo vertical pecha e abre nos dous sentidos a calada. Logo está o batán, composto polas táboas por onde corre a lanzadeira, a puga ou peite de tecer, por entre cuxas pugas pasa o urdido, e o retablo ou pasamán, que suxeita a parte superior da puga. A lanzadeira vai por dentro da calada, guiada polas táboas e a puga, e deixa detrás dela un anaco de fío de tramo denominado pasada. Unha vez pasou a lanzadeira, o batán avanza, mentres cambia a calada, e a puga abre a pasada, é dicir, préndea contra a pasada anterior, e así queda feito o tecido. Este continúa horizontalmente cara a adiante, pasa sobre o peitoril e diríxese cara a abaixo envolto nun rolo revestido dun material áspero que o arrastra por fricción e finalmente se enrola. No tear de man a estrutura adoitaba ser de madeira co batán suspendido arriba, e cun banco para o tecedor, que cunha man impulsaba a lanzadeira dun extremo a outro das táboas, e coa outra empurraba o batán para bater a pasada. Mentres, cos pés, premía alternativamente os pedais que movían os lizos. Cando se tiña tecido un anaco de tea, o tecedor paraba a operación e facía avanzar o urdido enrolando a man, mediante o desaparafusador, unha parte do tecido producido. No tear mecánico as operacións fanse mecanicamente, e o tecedor só intervén para cambiar o urdido, extraer o tecido feito, cambiar as canelas da trama e resolver os contratempos que se poidan presentar, especialmente as roturas de fíos de urdido e de trama. A máquina de lizos fai posible mover ata 24 lizos, ou excepcionalmente 32, cun percorrido de trama de ata uns centenares de pasadas. Finalmente, se o debuxo é de grandes dimensións, é imprescindible empregar a máquina jacquard ou as súas derivadas. Se a trama é grosa, a canela da lanzadeira remátase rapidamente, o tear párase e o tecedor queda unicamente ocupado en substituíla. O tear automático pode ser de cambio de canela, sen parar o tear, ou de cambio de lanzadeira, cunha breve parada do tear. Un premedor de trama, mecánico, eléctrico, fotoeléctrico ou electrónico, detecta cando está a punto de rematar e dá a orde do cambio. Das innumerables probas feitas xurdiron teares sen lanzadeira, en que por dentro da calada non pasa toda unha canela de fío, senón so a cantidade de fío necesaria para unha pasada, procedente dunha gran bobina estacionaria situada nun lado do tear. A calada pode ser máis pequena e os percorridos dos lizos e do batán tamén, o que permite acelerar a marcha, aumentando moito a produción e reducindo o ruído.
-
s
m
Estrutura da parte superior do escenario dun teatro, provista de poleas e cordas, que permite poder baixar e subir os panos no punto conveniente.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles teo
teas
tea
teamos
teades
tean
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles teaba
teabas
teaba
teabamos
teabades
teaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles teei
teaches
teou
teamos
teastes
tearon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles teara
tearas
teara
tearamos
tearades
tearan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tearei
tearás
teará
tearemos
tearedes
tearán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tearía
tearías
tearía
teariamos
teariades
tearían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tee
tees
tee
teemos
teedes
teen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tease
teases
tease
teasemos
teasedes
teasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tear
teares
tear
tearmos
teardes
tearen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
tea
-
-
teade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tear
teares
tear
tearmos
teardes
tearen
teada
teados
teadas