Teatro Experimental de Cali
Teatro Experimental de Cali
[ESPECT]
Grupo de teatro creado en 1955 ao abeiro da escola de teatro da Casa de Bellas Artes de Cali, Colombia. Dirixido por Enrique Buenaventura, desenvolveu unha das experiencias máis destacadas e significativas do teatro popular e comprometido de Hispanoamérica. A súa influencia e a dos seus métodos de traballo, formación actoral e creación colectiva, deixáronse sentir tanto no continente como en Europa.