tebu
tebu
-
adx
Relativo ou pertencente aos tebus.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tebu.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo sahariano que ocupa discontinuamente a Libia interna, desde o oasis de Al-Kufra en Fezzān oriental, e a través do macizo de Tibesti, ata Kanem e Bornu (Chad). Os subgrupos principais son os tedas e os dasas. Afíns aos bérberes, presentan nos caracteres raciais síntomas de mestizaxe negroide. Cultura tipicamente nómade, o seu medio de subsistencia é a cría de ovellas e de camelos.