Tecedeira de Bonaval, A

Tecedeira de Bonaval, A
[LIT]

Novela escrita por Antonio López Ferreiro e publicada por entregas en 1894 no xornal El Pensamiento Gallego. O autor introduciu no seu inicio un “Aviso ao bondadoso lector”, onde reflexiona sobre cuestións lingüísticas e o obxectivo do libro. A historia transcorre en Santiago de Compostela entre 1543 e 1546, e narra un enfrontamento entre os poderes civil e eclesiástico, atmosfera na que ten lugar unha historia de amor entre a filla dunha tecedeira, un criado e un escribán. O autor pretendeu transmitir a idea de que os problemas de Galicia viñan do centralismo da administración castelá. Escrita en galego na época do Rexurdimento, contribuíu á modernización da novela na literatura galega.

Palabras veciñas

Tecchi, Bonaventura | teceán | tecedeira | Tecedeira de Bonaval, A | tecedor -ra | tecedora | tecedura