tecnecio

tecnecio

(

Nome científico: [Tc]
s m [QUÍM]

Elemento químico de número atómico 43 e peso atómico 98,906, do grupo VIIB da táboa periódica. É un dos metais da segunda serie de transición, un supercondutor e presenta lixeiras propiedades magnéticas. Está totalmente ausente da codia terrestre, e detectouse espectrostopicamente nalgunhas estrelas. A súa aplicación máis importante deriva da propiedade do anión TcO4- de inhibir, a moi baixa concentración, a corrosión do aceiro. Foi descuberto en 1937 por E. Segré e C. Perrier.

Sinónimos

Palabras veciñas

teclado | teclear | tecleo | tecnecio | tecnetrón | técnica | tecnicismo