tecnicolor
tecnicolor
(
s
m
[TECNOL/IMAX]
Procedemento comercial de cinematografía en cor, ideado en 1914 polos estadounidenses D. Frost Conestock, H. T. Kalmus e W. B. Westcott e baseado no uso dunha cámara provista dun espello dicroico que permite impresionar simultaneamente tres películas, cada unha das cales corresponde a unha das tres cores fundamentais. O primeiro ensaio fíxose na película The Gulf Between (1917), e a primeira película comercial que empregou este sistema foi The Toll of the Sea (1921).