Tegra

Tegra
[ONOM]

Antropónimo feminino que provén do latín eclesiástico Thecla, do grego Thekla, derivado de Theókleia, nome persoal feminino correspondente ao masculino Theoklés, composto de theós ‘deus’ e kles ‘famoso’, co significado de ‘que ten fama por causa dos deuses’ ou ‘que ten fama divina’. Presenta como variante Tecla e como formas populares Tecra, Trega, Técola e Tiexa.