teledetección

teledetección

(< 1 tele- + detección)

s f [TECNOL]

Conxunto de técnicas que permiten obter información da superficie terrestre, das propiedades dos obxectos ou de todo á vez, sen contacto físico con eles e por medio da enerxía electromagnética que emiten ou refliten. Inclúe a fotografía aérea e a fotogrametría. OBS: Tamén se denomina percepción remota.

Palabras veciñas

teleconferencia | telecontrol | telecopia | teledetección | teledirección | teledirixir | teledocumentación