Telegrafnoje Agentstvo Sovetskogo Sojuza

Telegrafnoje Agentstvo Sovetskogo Sojuza
Nome científico: [TASS]
[COMUN]

Axencia de información internacional soviética. Durante a Revolución de 1917 os soviets ocuparon a sede de Petrogrado e transformárona nun centro de información, prensa e propaganda, que se converteu na axencia TASS en 1925. Coa disolución da URSS en 1991, fusionouse coa Axencia Telegráfica de Información de Rusia (TAR, fundada en 1990) e deu lugar á Axencia ITAR-TASS, de titularidade estatal.

Palabras veciñas

telegrafía | telegráfico -ca | telegrafista | Telegrafnoje Agentstvo Sovetskogo Sojuza | telégrafo | Telégrafo Político Literario de La Coruña | Telégrafo, El