Telémaco

Telémaco
[MIT]

Heroe grego, fillo de Ulises, a quen os antigos atribuíron unha serie de aventuras acontecidas na viaxe que emprendeu na busca do seu pai, ausente de Ítaca despois da Guerra de Troia. Estas aventuras constituíron un núcleo épico que o poeta da Odisea soubo integrar no seu poema. A figura de Telémaco aparece a miúdo nas obras de autores didácticos e moralistas como símbolo da fidelidade filial.