Telescopio

Telescopio
[ASTRON]

Constelación austral que está situada entre as de Coroa Austral, Saxitario e Altar. Contén 50 estrelas visibles a simple vista. O seu astro principal é α-Telescopii, unha estrela de magnitude 3,76. É unha das constelacións descritas por Lacaille na súa obra Coelum australe stelliferum (1763).