Telleiro, pazo de

Telleiro, pazo de

Construción situada en Couso de Limia (Sandiás). Ten planta en forma de U e realizouse en cantaría, agás o muro que pecha o patio que se fixo en cachotaría. O patio ten unha solaina á que se accede por unha escaleira. A fachada principal presenta un escudo barroco, un balcón montado sobre canzorros e unha cheminea con pináculos. Pertenceu aos Arias e aos Cea.

Palabras veciñas

tellavá | telleira | telleiro -ra | Telleiro, pazo de | Teller, Edward | Téllez | Téllez, Gabriel