temón

temón

(< lat temōne)

  1. [MAR]
    1. s m

      Peza plana de madeira ou de metal, articulada nun eixe vertical no codaste dunha embarcación, que se pode facer xirar a babor ou a estribor de maneira que, a causa da resistencia que esta peza ofrece á auga, fai xirar a embarcación.

      Sinónimos: timón.
    2. temón de profundidade

      Cada unha das superficies móbiles, dispostas xeralmente dunha maneira horizontal na parte posterior dun submarino, que permiten corrixir os erros de estabilización.

  2. s m [AERON]
    1. Cada unha das superficies móbiles ou planos articulados nun eixe vertical á deriva (temón de dirección ou temón de cola) ou nun eixe horizontal no estabilizador (temón de profundidade ou temón de elevación), que permiten dirixir un avión.

      Sinónimos: timón.
    2. Peza longa e plana que, pola acción do vento, orienta as pas dun aeromotor.

      Sinónimos: timón.
  3. s m

    Lanza do arado ou do carro por onde se introduce a chavella para darlle o tiro.

    Sinónimos: timón.
  4. s m

    Dirección ou goberno dun asunto, dunha empresa ou dunha organización.

    Sinónimos: timón.

Palabras veciñas

Temístocles | temoeira | temoeiro | temón | temoncela | temoneiro -ra | temor