templo

templo

(

  1. s m [HIST/RELIX/ARQUIT]

    Edificio sagrado, consagrado ao culto dunha divindade, concibido en xeral como habitáculo permanente ou lugar de manifestación temporal desta divindade, que a miúdo está representada por unha imaxe. Aínda que non hai relixión sen un lugar sagrado, o edificio cultual non é un fenómeno universal. O templo xurdiu na Antigüidade clásica, nas civilizacións grega e romana, aínda que xa era corrente nas civilizacións de Próximo Oriente como asirios e babilonios que construíron auténticos palacios. En Exipto, o templo provén do monumento funerario de faraóns divinizados, que reproduce o palacio real. A idea básica do tabernáculo hebreo e do templo de Xerusalén é a presenza divina. Construíronse templos tamén en India, China, Xapón e a América precolombina.

  2. s m [RELIX/ARQUIT]

    Igrexa, sobre todo o lugar de culto protestante.

  3. s m

    Lugar venerable onde se rinde culto a algo.