tenca

tenca

(< lat tinca)

Nome científico: [Tinca tinca, Fam dosciprínidos]
s f [ANIMAL/ICT]

Peixe aptinoterixio, da orde dos cipriniformes, de ata 35-40 cm de lonxitude e varios quilos de peso. Ten dúas barbas bucais, o corpo recuberto por unha pel grosa e viscosa con escamas moi pequenas e a aleta caudal moi pouco escotada. Amosa unha coloración variable, desde o verde con reflexos dourados ata o terroso escuro. Habita nas augas doces de fondos lamacentos en case toda Europa e Asia occidental.

Palabras veciñas

Tenayuca | tenaz | tenazas | tenca | 1 tenda | 2 tenda | Tenda