tenia

tenia

(

  1. [ANAT]
    1. s f

      Estrutura do corpo que ten forma de fita ou faixa alongada.

    2. tenia de colon

      Cada unha das tres fitas ou franxas que están formadas polas fibras musculares lonxitudinais do intestino groso. Denomínase tenia mesocólica a que corresponde á inserción do mesenterio, tenia libre a oposta á anterior, e tenia epiploica a que corresponde á unión do epíploon e do colon transversal.

  2. [ANIMAL]
    1. s f

      Platihelminto pertencente aos xéneros Taenia, Echinococcus, Dipylidium ou Hymenolepis, da clase dos cestodos, e co escólex con catro ventosas e unha ou varias coroas de ganchos quitinosos para poder fixarse nas paredes do intestino do animal parasitado.

      Sinónimos: solitaria.
    2. tenia do boi [Taenia saginata, clase dos cestodos]

      Platihelminto co escólex sen ganchos. Habita no intestino do home (hóspede definitivo), sendo un ruminante, xeralmente un boi, o hóspede intermediario. Este inféstase ao comer herba contaminada.

    3. tenia do home [Taenia solium, clase dos cestodos]

      Platihelminto cunha dobre coroa de ganchos no escólex na fase larvaria que se fixa no epitelio intestinal e se fai adulto. Son inxeridos polos porcos, e os humanos inféctanse ao inxerir carne de porco pouco feita.

    4. tenia hidatídica [Echinococcus granulosus, clase dos cestodos]

      Platihelminto duns 4-5 mm de lonxitude que, no seu estado adulto ou como quiste, pode habitar no intestino de certos carnívoros, e tamén no ser humano, e orixinar unha grande hidátide.

Palabras veciñas

tenge* | Tengréla | teni- | tenia | teníase | tenicida | Teniente, El