tenis

tenis

(< ingl tennis)

  1. [DEP]
    1. s m

      Xogo de pelota que se practica nunha pista rectangular dividida por unha rede, en que dous adversarios ou dúas parellas se colocan a cada un dos lados da mesma, para así lanzar a pelota coa raqueta sobre esta. A pelota debe ser devolta polo adversario antes de botar ou despois de ter botado unha vez. Pode practicarse sobre diferentes superficies (pistas) que poden ser de herba, de terra batida, de cemento, de madeira ou sintéticas. Deben medir 8,23 m de largo (10,97 para os dobres) e 23,77 de longo, e a rede 0,915 m de altura. O partido consta dun número determinado de sets, que se dividen en puntos, e estes á súa vez en servizos, que sacan alternativamente cada un dos xogadores. Ao rematar o primeiro xogo cámbiase o servizo e os xogadores intercambian o campo. Non se conta punto por punto: a primeira falta vale quince, a segunda trinta, a terceira corenta e a cuarta vale un xogo, sempre que haxa, como mínimo, dúas faltas de diferenza. Se se empata a 40 continúase ata conseguir dous puntos de vantaxe. O xogador que primeiro chega a seis xogos gaña un set. Os partidos dispútanse a dous, tres ou cinco sets. O primeiro regulamento foi establecido polo capitán Wingfield, en 1877, na disputa do primeiro torneo de Wimbledon (Inglaterra). Os torneos máis destacados do mundo e que conforman o Gran Slam son Wimbledon, o Roland-Garros (Francia), Flushing Meadows (antes de 1978 en Forest Hill, EE UU), e o Open de Australia.

    2. tenis de mesa

      Modificación do tenis que consiste en xogar con pas delgadas e unha pequena pelota de celuloide de 40 mm de diámetro e 2,7 g de peso, sobre unha mesa rectangular de 2,74 m de longo, 1,525 m de largo e 0,76 m de altura, dividida en dúas metades por unha rede transversal de 15,25 cm de alto. Xógase a vinte e un puntos, sempre que o primeiro que chegue gañe como mínimo por dous de diferenza. Cada cinco puntos cambia o servizo.

      Sinónimos: pimpón.
  2. s m

    Calzado lixeiro e cómodo, de tea ou dun material flexible, que se usa para xogar ao tenis, e por extensión a outros deportes. OBS: Nesta acepción usase xeralmente en plural.

    Sinónimos: zapatilla.

Palabras veciñas

tenicida | Teniente, El | tenífugo -ga | tenis | tenista | tenístico -ca | tennanita