tenrécido -da
tenrécido -da
(< lat científico Tenrec,xénero de mamíferos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tenrécidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos tenrécidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos, da orde dos insectívoros, de dimensións e aspecto moi variado, co cranio estreito e alongado. Son de costumes nocturnos e formas de vida moi variadas, tanto arborícolas como acuáticas. Habitan en bosques, prados e ríos de Madagascar.