tenro -ra

tenro -ra

(< lat tenĕru ‘brando,tenro’)

  1. adx
    1. Que pode ser deformado facilmente ao exercer presión sobre el.

    2. Que se pode mastigar ou comer con facilidade por estar convenientemente preparado ou por ser fresco.

  2. adx
    1. Que é novo e recente.

    2. Que é de pouca idade ou da primeira etapa da vida, polo que pode ser danado con máis facilidade.

  3. adx
    1. Que cede facilmente ás presións sentimentais.

    2. Que trata con cariño e comprensión a outras persoas e lles dedica moitas atencións e coidados.

  4. adx

    Que comporta esas calidades.