tensor -ra
tensor -ra
(< lat tensu, p p de tendĕre ‘tender,estender’)
-
adx e s
Que produce unha tensión.
-
adx e s
m
[ANAT]
Aplícase ao músculo que estira ou pon tensa unha parte do corpo.
-
s
m
[MAT/FÍS]
Conxunto de magnitudes cuxos valores dependen e se transforman segundo o sistema de coordenadas que se empregue.
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo que se emprega para dar tensión aos arames dun valado ou dun tendido, ás correas ou ás cadeas de transmisión.