teodicea

teodicea

(< grθεός ‘Deus’ + δίκη ‘xustiza’)

s f [FILOS]

Tratado filosófico sobre a divindade que está considerada como parte da metafísica, como continuación e concreción da ontoloxía. O termo foi creado por Leibniz que, ao ocuparse de Deus, cría primordial xustificar o feito de que Deus creou un mundo onde está o mal. Afirmou, inicialmente, que o mal non é senón unha falta do ben e, despois, que este defecto é só imputable ao home. Se Deus permite o mal é porque serve para a nosa mellora.

Palabras veciñas

Teodemiro | Teodemiro | Teodemiro | teodicea | Teodolinda | teodólito | Teodomiro