Teodorico I o Grande

Teodorico I o Grande

(? 454? - 526) Rei dos ostrogodos (474-526), fillo e sucesor de Teodomiro. En 462 foi enviado como refén a Constantinopla, e, en 488, o Emperador Zenón enviouno contra Odoacro. Invadiu Italia e, en 494, despois de ocupar Ravenna, considerouse rei dos ostrogodos e dos romanos, e foi recoñecido como tal polo Imperio de Oriente en 498. En 511 asumiu a rexencia da monarquía visigoda como titor do seu neto Amalarico, e conseguiu facerlle superar a crise sufrida pola derrota e a morte de Alarico II e a intromisión de Xesaleico. Gobernou con prudencia e embeleceu Ravenna.