teofilina
teofilina
(< fr théophilline)
s
f
[QUÍM/MED]
Alcaloide purínico, derivado fundamentalmente da xantina, que está presente nas follas do té. É un sólido cristalino incoloro, soluble en auga quente e pouco soluble en alcohol e éter. Ten unha lixeira actividade estimulante e, asociada co acetato sódico, emprégase como diurético.