teoría
(
-
s
f
Construción intelectual elaborada con independencia de toda aplicación práctica.
-
s
f
Análise hipotética, que é a miúdo expresión dunha simple convicción persoal.
-
s
f
Conxunto de normas establecidas para explicar un conxunto de feitos. Como teoría científica, comporta o establecemento dunha serie de leis que serven para relacionar unha orde determinada de fenómenos e, á vez, equivale a un principio de explicación daquilo que é obxecto dunha ciencia particular ou dunha parte importante desta.
-
s
f
Corpo doutrinal, completo e sistemático, sobre unha materia, unha arte, unha ciencia.
-
s
f
[FILOS]
Momento, aspecto ou dimensión específica da actividade cognoscitiva, considerados como diferentes da práctica, pero radicalmente vinculados con ela, polo que toda a actividade especulativa xorde no ámbito dunha práctica e unha experiencia determinadas.
-
teoría crítica
[FILOS]
Conxunto de doutrinas desenvolvidas polos integrantes da Escola de Frankfurt, que ten como trazo básico e común ás diversas formulacións, a remisión á crítica política e social de Marx, e oponse á teoría tradicional que impregna o pensamento moderno occidental tanto na súa vertente empírica e científica como na idealista, e que conduce a un insuficiente coñecemento do home e da sociedade. Foi exposta, entre outros, por H. Marcuse, T. Adono e, sobre todo, M. Horkeheimer.
-
s
f
[MAT]
Conxunto de principios que se refiren a un determinado concepto que inclúe tanto os axiomas postulados sobre este, como as consecuencias (teoremas) que destes axiomas foron deducidas loxicamente.
-
s
f
[MÚS]
-
Consideracións de tipo matemático-filosóficas baseadas nas ciencias físicas en relación cos sons.
-
Ensinanza que comprende un conxunto de regras, relativas á melodía, á harmonía, ao contrapunto, ao ritmo, ás formas e á instrumentación.
-
Frases feitas
-
En teoría loc adv Sen telo comprobado na práctica.