terapéutica

terapéutica

(< terapéutico)

  1. s f [MED]

    Parte da medicina que se ocupa do conxunto dos preceptos destinados ao tratamento das enfermidades.

    Sinónimos: terapia.
  2. s f [MED]

    Ciencia ou arte de curar ou aliviar distintas doenzas.

  3. terapéutica alimentaria [MED]

    Conxunto de medidas que modifican as dietas específicas para tratar trastornos metabólicos e evitar ou paliar os síntomas en enfermidades condicionadas pola nutrición.

  4. terapéutica biolóxica [MED]

    Tratamento con substancias que producen reaccións biolóxicas no organismo, como a vacinoterapia.

  5. terapéutica cirúrxica [MED]

    cirurxía.

  6. terapéutica do comportamento [PSIC]

    Conxunto dos métodos terapéuticos de inspiración condutista encamiñados a modificar trastornos do comportamento.

  7. terapéutica empírica [MED]

    Tratamento das enfermidades con medicamentos que a experiencia demostrou que son eficaces.

  8. terapéutica endócrina [MED]

    Tratamento con extractos de glándulas endócrinas ou con hormonas sintéticas.

  9. terapéutica farmacolóxica [MED]

    Terapéutica que trata unicamente da acción e aplicación de medicamentos.

  10. terapéutica física [MED]

    fisioterapia.

  11. terapéutica ocupacional [MED]

    Planificación das actividades físicas e mentais con finalidade terapéutica.

  12. te [MED]

    ­