Terciario
Terciario
s
m
[ESTRATIG]
Sistema ou período máis antigo da era cenozoica, comprendido entre os 65 e os 1,9 millóns de anos BP, que se caracteriza polo extraordinario desenvolvemento e o predominio dos mamíferos. Estes e os foraminíferos son os grupos capitais na análise biostratigráfica. Son tamén moi abundantes os moluscos, os equinodermos, os hexacoralarios, os briozoos e as algas calcarias nos sedimentos mariños. Neste período tivo lugar a oroxenia alpina, que orixinou a formación dos Alpes, os Pireneos, os Andes ou o Himalaia, entre outros.