Terencio
Terencio
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do latín Terentius, nome dunha gens romana. De orixe incerta, xa o erudito Varrón, que tamén pertencía a esta gens, relacionábao co sabino téreno ‘tenro, mol’ (voz afín ao latín tener ‘tenro’), pero probablemente se trata dunha etimoloxía popular. Outras hipóteses considérano un nome étnico: terentinus ‘da cidade de Tarento’, ou como ‘consagrado á deusa Terensis’, ou, finalmente, composto dun primeiro elemento terent- ‘vencedor’, paralelamente ao sánscrito tarád- ‘vencedor’, ben testemuñado na onomástica hindú.