Teresa Herrera, Trofeo
Teresa Herrera, Trofeo
[DEP]
Torneo de fútbol que se disputa na Coruña desde 1946, e no que se lembra a figura de Tareixa Herrera Pedrosa. Creado na posguerra para paliar as penurias económicas das persoas con menos recursos, o gañador recibe como trofeo unha réplica en prata da torre de Hércules.