TERMCAT
TERMCAT
Nome científico:
[Terminologia Catalana]
Centro de terminoloxía creado en 1985 polo Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya e o Institut d’Estudis Catalans, co obxectivo de planificar e coordinar a investigación, a normalización, o almacenamento e a difusión da terminoloxía catalá en relación coas principais linguas de comunicación internacional. En 1994 converteuse nun consorcio integrado pola Generalitat de Catalunya, o IEC e o Consorci per a la Normalització Lingüística. Dirixido desde 2002 por Rosa Colomer, elabora traballos de investigación terminolóxica e edita diversas publicacións.