2 termo

2 termo

(

  1. s m

    Momento final en que remata algo.

  2. s m

    Fin dun período de tempo determinado para a realización dalgunha cousa.

  3. s m

    Fin dun espazo que se quere percorrer.

    1. s m [DER/ADM]

      Cada unha dos lindes que sinalan o límite dunha extensión de terreo.

    2. s m [DER]

      Proposicións ou limitacións establecidas nun contrato ou noutro documento.

    3. termo municipal / [DER/ADM]

      Territorio que forma a xurisdición dun concello.

  4. s m [LING]
    1. Cada un dos dous membros que delimitan unha proposición: o suxeito e o predicado.

    2. Unidade léxica usada con significado unívoco nunha ciencia ou nunha disciplina determinada.

      Confrontacións: vocábulo.
  5. [MAT]
    1. s m

      Cada un dos elementos que aparecen nunha expresión matemática, como unha fracción, igualdade ou sucesión.

    2. s m

      Numerador ou denominador dunha fracción.

    3. termo medio

      Cantidade igual ou máis próxima á media aritmética dun conxunto de diversas cantidades.

  6. s m [FILOS]

    Cada un dos tres membros que, repetidos, integran o siloxismo: termo maior ou primeiro (incluído nunha das dúas premisas), termo menor ou derradeiro (incluído como primeiro termo da conclusión) e termo medio (repetido nas dúas premisas e ausente na conclusión).

  7. s m

    Cada un dos graos de situación de persoas ou cousas en relación á súa xerarquía ou poder de exhibición.

  8. s m [PINT]

    Cada un dos graos de distancia dos obxectos representados en pintura ou dos que se ven na realidade dunha paisaxe ou dun lugar calquera.

  9. s m

    Condicións ou circunstancias que limitan a alguén.

Frases feitas

  • Levar a termo (algo). Finalizar algo.

  • Poñer termo (a unha cousa). Darlle fin a algo.

Formas incorrectas

término

Palabras veciñas

térmite | termiteira | 1 termo | 2 termo | termo- | termoanalxesia | termobalanza