termorreceptor -ra
termorreceptor -ra
(< termo- + receptor)
-
adx
[ZOOL]
Aplícase ao órgano que reacciona a estímulos térmicos.
-
s
m
[ZOOL]
Receptor nervioso sensible aos cambios térmicos, especialmente os das serpes da familia dos crotálidos, co que localizan as presas de sangue quente na escuridade. Están situados nunhas fosas en cada ollo e no órgano olfactivo, nunha membrana ricamente inervada.