ternario -ria

ternario -ria

(< lat ternarĭu)

  1. adx

    Que está formado por tres elementos.

  2. adx [MÚS]
    1. Aplícase ao compás de tres tempos e de cada un dos tempos susceptibles de ser divididos en tres partes.

    2. Aplícase ao ritmo estruturado no compás de tres tempos.

  3. sistema ternario [MAT]

    Sistema de numeración de base tres. Neste sistema todos os números están representados utilizando os números 0,1,2. Por exemplo, o número 102 (no sistema ternario) representa o número 11 (en base decimal). OBS: Tamén se denomina numeración ternaria.

  4. eixe ternario [QUÍM]

    Eixe de simetría de rotación en que a superposición dos elementos simétricos, ao xirar ao seu redor, conséguese tres veces nunha volta completa.

Palabras veciñas

termóxeno -na | terna | ternado -da | ternario -ria | Ternera Gallega | Terni | Terni