terracota

terracota

(< ital terracotta)

s f [ARTE]

Peza de barro de carácter artístico. Exclúense desta acepción as pezas de uso doméstico, as pezas de construción e o barro antigo, que se denomina globalmente cerámica. A olaría artística foi aplicada á arquitectura polos asirios e babilonios. Os gregos, romanos e etruscos utilizárona na decoración arquitectónica e na escultura exenta, en figuras e na produción de sarcófagos. Na arquitectura islámica foi utilizada como revestimento e, como complemento arquitectónico, foi tamén común no s V en Lombardia (Ospedale, Maggiore, Milán), e en Alemaña no s XVI. Durante o Renacemento foi excepcionalmente utilizada en escultura (Donatello, os Pollaiolo, os Della Robbia e Niccoló dell’Acra), e a partir do s XVI e no XVIII tivo unha enorme difusión.

Palabras veciñas

Terra, Gabriel | Terrachá | Terrachá, A | terracota | Terradillos | terral | terramara*