Terraza, A
Terraza, A
Construción situada en Sada. Localizada orixinalmente na Coruña (1912), trasladouse a Sada en 1921. Foi construída por Antonio López Hernández en estilo modernista cunha planta rectangular e dúas alturas. Concibiuse como un quiosco-restaurante. Realizouse en vidro de diversas cores, madeira e estruturas metálicas de ferro forxado.