Terreo Cinexeticamente Ordenado

Terreo Cinexeticamente Ordenado
Nome científico: [TECOR]

Terreos delimitados e xestionados que substituíron aos antigos coutos de caza, a partir da Lei 4/1997 de 25 de xuño, de Caza de Galicia, aprobada en 2002, co fin de garantir a viabilidade das poboacións cinexéticas e a conservación do medio en que se encontran mediante unha planificación e xestión da caza, unha mellora forestal, o control das queimas ou a instalación de refuxios para a fauna e zonas de alimentación, ademais de controlar os aspectos sanitarios das repoboacións de especies cinexéticas. O termo societario, que acompaña o acrónimo na maior parte dos casos, refírese a que a propiedade do terreo é dunha sociedade de cazadores.

Palabras veciñas

terreño -ña | terreo -a | térreo -a | Terreo Cinexeticamente Ordenado | Terrer, Paz de | terrestre | terrexar