Teruel, Batalla de
Teruel, Batalla de
Enfrontamento librado en Teruel desde o 15 de decembro de 1937 ata o 23 de febreiro de 1938, durante a Guerra Civil Española. Foi iniciada polos republicanos, liderados polo xeneral Vicente Rojo, co fin de evitar un ataque inminente das tropas franquistas a Madrid. As forzas republicanas infiltráronse e cercaron por sorpresa Teruel (entre o 15 e o 16 de decembro), onde entraron o 21 de decembro. Despois de varios intentos, a contraofensiva franquista, liderada polos xenerais Aranda e Varela, conseguiu levantar o cerco de Teruel (entre o 17 e o 23 de febreiro) e facerse coa cidade tras a rendición dos republicanos.