tesouro
(
-
s
m
-
Conxunto de moedas, xoias ou outros obxectos preciosos gardados ou agochados con gran coidado nalgún sitio.
-
[DER]
Depósito integrado por obxectos preciosos de calquera clase, situado nun lugar oculto, ignorado e do que non consta o seu propietario. O dereito romano considerouno res nullius (cousa de ninguén) e, polo tanto, susceptible de ocupación.
-
[RELIX]
Conxunto de vasos sagrados, obxectos de culto ou relicarios dun templo, unha igrexa ou un santuario.
-
-
s
m
Persoa ou cousa considerada dun gran valor material ou sentimental.
-
s
m
[LING]
Dicionario, catálogo ou antoloxía dunha lingua que se caracteriza pola súa exhaustividade e o seu gran valor literario. OBS: Tamén se denomina thesaurus.
-
s
m
[HIST]
Lugar onde eran depositados e conservados os obxectos de valor. Na antiga Grecia era unha cela dun templo destinada a gardar os exvotos e os obxectos de culto.
-
tesouro público
[ECON]
-
Conxunto de recursos líquidos financeiros dos que dispón un estado.
-
Departamento da administración pública dun estado que o representa nas súas relacións financeiras cos cidadáns, co Banco Central e con outros países. Tamén ten funcións de control e administración con relación á caixa do estado, á débeda pública e outros aspectos das finanzas públicas. OBS: Adoita empregarse en maiúscula.
-
Edificio do departamento do Tesouro Público.
-
Refráns
- Corre o ouro para o tesouro.
- Non falta tesouro de viño nin de ouro.
- O maior tesouro sempre vai ao ouro.
- Quen ten un tesouro non pensa máis que en ouro.
- Sempre o tesouro chama polo ouro.