test
(< ingl test)
-
s
m
Exame que consta de varias preguntas cuxas respostas deben ser seleccionadas de entre varias contestacións propostas.
-
s
m
[PSIC]
Proba mediante a que se mestura a conduta e a capacidade psíquica dun individuo ou dun conxunto de individuos e que pode prever, relativamente, o comportamento futuro. Considéranse como condicións indispensables dun test a validez, a fidelidade e a sensibilidade. Entre as numerosas clases de tests distínguense os verbais, os de execución e os de materiais, segundo as técnicas de aplicación; os individuais e os colectivos, segundo o seu suxeito ou destinatario e os de intelixencia, os da personalidade, os de aptitudes, os de coñecementos e rendemento, os de desenvolvemento e os clínicos, segundo o obxecto de estudo.
-
s
m
[MED]
Proba, reacción ou ensaio que se realiza para obter información sobre unha enfermidade, analizar un produto ou probar determinadas hipóteses.
-
test de hipótese
[MAT]
contraste de hipótese.