testamentaría

testamentaría

(< testamentario)

  1. s f [DER]

    Execución xudicial ou extraxudicial do que está disposto nun testamento.

  2. s f [DER]

    Conxunto de bens que constitúen unha herencia, considerados desde que morre o testador ata que pasan a mans dos herdeiros definitivamente.

  3. s f [DER]

    Xunta dos executores testamentarios.

  4. s f [DER]

    Conxunto de documentos e papeis que comporta un testamento.