testemuña
(< lat testemonia‘declaración’)
-
s
f
Persoa que presenciou ou asistiu a un acontecemento ou feito, polo que pode demostrar a súa veracidade contarllo a outros.
-
[DER]
-
s
f
Persoa que ten coñecemento dun feito de transcendencia xurídica, polo feito de ter sido comprobado cos seus sentidos e do que dá fe. A súa participación no xuízo pode ser voluntaria, como maior garantía da celebración e do contido do mesmo, ou obrigatoria, cando a persoa é citada polo xuíz por coñecer feitos e circunstancias referentes á materia do xuízo, especialmente nos procesos penais. Xeralmente, as testemuñas teñen que ser maiores de 14 anos e non deben ter intereses a favor ou en contra das partes litigantes.
-
testemuña de cargo
Persoa que declara en contra do procesado.
-
testemuña de descargo
Persoa que declara en prol do acusado.
-
testemuña falsa
Persoa que non di a verdade.
-
testemuña ocular
Persoa que presenza un feito sobre o que presta declaración.
-
s
f
-
s
f
Persoa que é requirida na celebración de certos actos para verificar ou dar fe de algo.
-
s
f
Pedra que se enterra nos lados dun fito para sinalar a dirección dun terreo amolloado.
-
testemuña de Xehová
[RELIX]
Membro dunha seita fundada en 1874 en EE UU por C. Taze Russell, denominada en 1881 Zion’s Watch Tower Society. O seu consello dirixente é o Watch Tower Bible and Tract Society. Russell dirixiuna ata a súa morte en 1916, e posteriormente dirixida por Joseph Franklin Rutheford, ata 1942, e por Nathan Homer Knorr. Ten conexa desde 1914 a organización denominada International Bible Students Society. Os seus preceptos consisten nunha mestura sincrética de cristianismo, xudaísmo, unitarismo, sinerxismo e elementos cabalísticos. Cren que son os derradeiros representantes dunha longa listaxe de testemuñas que vai desde Abel ata Xesús Cristo. Cara a 1880 profetizaron profundas transformacións mundiais e dividíronse en 1914. Néganse ás transfusións de sangue e non teñen sacerdotes, pero si predicadores ambulantes ou profetas que van de vila en vila e de casa en casa. A súa propaganda faise a través de revistas e folletos, especialmente mediante a revista internacional Wach Tower (Atalaya). Os seus locais de reunión denomínanse salóns do reino.
Refráns
- Apurar moito ao testigo, máis é cousa de inimigo que de amigo.
- Dous testigos falsos matan un home.
- Dous testigos matan un home.
- Entre dous amigos abondan dez testigos.
- Home sen cabeza non vale para testemuña.
- Máis vale un testigo de vista que un cento de oídos.