testículo
(
-
s
m
[ZOOL]
Gónada masculina que produce os espermatozoides e nos vertebrados as hormonas sexuais. É un órgano par constituído polos condutos seminíferos. Nos vertebrados superiores presenta unha unión uroxenital cos condutos do mesonefro. Nos vertebrados amniotas, o mesonefro non ten funcións renais e forma o epidídimo. Na maioría dos animais, os testículos son internos, salvo nos mamíferos que son externos e están situados no interior do escroto, polo menos durante o período de actividade sexual. Son de localización diversa no corpo dependendo dos animais. Así, os testículos están situados na parte dorsal da cavidade abdominal nos prototerios, proboscídeos ou sirenios, na rexión pélvica nos xenartros e nos cetáceos, ou na rexión inguinal nos primates. No home, os testículos están situados na parte anterior da rexión perineal, por debaixo do pene e contidos nas bolsas escrotais. Cumpren unha dobre función, a exocrina, formadora de espermatozoides, e a endocrina, formadora da hormona masculina ou testosterona.
-
testículo ectópico
[PAT]
Testículo que se encontra en situación anormal (abdominal, inguinal ou perineal).