testosterona

testosterona

(

Nome científico: [C<sub> 19</sub> H<sub> 28</sub> O<sub> 2</sub> ]
s f [BIOQ]

Hormona sexual masculina, sintetizada principalmente nos testículos e en menor cantidade na cortiza suprarrenal e no ovario, que é a responsable dos caracteres sexuais secundarios. É un esteroide producido, a través da vía metabólica común das hormonas sexuais, a partir do colesterol. Metabolízase no fígado e minimamente na pel e na próstata, e elimínase polos ouriños. Un dos seus derivados é a androsterona.

Palabras veciñas

2 testo -ta | testón | Testori, Giovanni | testosterona | testudíneo -a | Testudo | testudo -da