tétrade

tétrade

(< grτετράς, άδος ‘catro’)

  1. s f

    Colección de catro.

  2. s f [BOT]
    1. Conxunto de catro células que resultan de dúas divisións consecutivas, xeralmente nunha meiose, dunha mesma célula.

    2. Conxunto de catro grans de pole unidos, que proveñen dunha mesma célula nai.

  3. s f [MICROB]

    Grupo formado por catro cocos dispostos en dúas direccións do espazo.

  4. s f [XEN]

    Grupo de catro crómatides que resultan do emparellamento de dous cromosomas homólogos.