tetraodóntido -da

tetraodóntido -da

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tetraodóntidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos tetraodóntidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes teleósteos, da orde dos tetraodontiformes, que presentan dúas placas soldadas en substitución dos dentes, escamas transformadas en espiñas, sobre todo na cara ventral, ou ben sen elas, corpo fusiforme curto e amplo, que se pode inflar como un globo e flotar sobre a auga arrastrada polos ventos e correntes. Viven nos mares tropicais e temperados. OBS: Tamén se denominan peixes globos.

Palabras veciñas

tetranitrometano | tetranopsia | Tetrao | tetraodóntido -da | tetraodontiforme | tetraónido -da | tetrapirrol