Texas

Texas

Estado do S de EE UU que limita ao N con Oklahoma, ao L con Louisiana, Arkansas e o golfo de México, ao S con México e ao O con Novo México (691.027 km2; 20.851.820 h [2000]). A capital é Austin. A chaira costeira está formada por terreos secundarios e terciarios. Cara ao interior continúa unha chaira que converte nun altiplano desértico. O extremo O está composto por parte das montañas meridionais das Montañas Rochosas. É o primeiro estado produtor de algodón. É o gran produtor de petróleo do país e un dos máis importantes do mundo. Ocupada polos casteláns no s XVIII, pasou a formar parte do novo estado independente de México en 1821. Non obstante, antes, xa comezara a colonización estadounidense e axiña xurdiron disensións entre os mexicanos e os colonos, que se declararon independentes e pediron a incorporación á Unión. Dirixidos por Sam Houston, primeiro presidente do novo estado texano, loitaron contra México, e derrotaron e fixeron prisioneiro ao presidente mexicano, o xeneral A. López de Santa Anna. En 1845 foi aceptado pola Unión.

Palabras veciñas

tex | Texaco | texano -na | Texas | Texcoco | Texeira | Texeiras, serra de