Thar

Thar

Deserto situado entre India e Paquistán, entre o baixo Indo e a cordilleira de Arāvalli Parvata (250.000 km2). O clima cálido e as escasas chuvias, algúns anos inexistentes, dificultan a vida. Está cuberto de matogueiras espiñosas e bosque claro de acacias. A escasa poboación dedícase á gandaría nómade de ovinos, cabras e camelos.