Thyssen Hütte AG
Thyssen Hütte AG
Konzern siderúrxico alemán. A súa orixe atópase na fábrica metalúrxica instalada en Duisburg en 1867 por August Thyssen. En 1890 converteuse nun dos máximos representantes da industria de Ruhr. Participou na construción en 1926 do konzern Vereinigte Stahlwerke. O seu propietario financiou o acceso de Hitler ao poder, pero despois perdeu a propiedade da empresa, que a familia Thyssen non recuperou ata 1953. Converteuse no primeiro produtor de aceiro das comunidades europeas.