Tiantai T’ien-t’ai
Tiantai T’ien-t’ai
Escola budista chinesa baseada no sūtra do lotus (Saddaharma Pun ḋ arīka), tal como foi interpretado polo filósofo Jinkai (531-597), monxe nas montañas de Tiantai. Ensina a doutrina da tripla verdade da realidade única: por unha banda, a vacuidade das cousas, e por outra, a súa existencia temporal, ambas as dúas enlazadas pola mente. A conclusión é que o un é o todo e que o todo é o un. É un dos fundamentos do budismo mahāyāna. Esta escola foi adaptada en Xapón co nome de Tendai-Shū.