Tiffany & Co
Tiffany & Co
Firma internacional especializada en xoiaría. Fundada en 1837 polo ourive e vidreiro estadounidense Charles Lewis Tiffany (1812-1902), como unha manufactura de prataría e vidraría con sede en Nova York, acadou sona mundial. Creou sobre todo obras en estilo modernista e especializouse na produción e o comercio de obxectos de ouro, prata e pedras preciosas. Foi o primeiro en adoptar (1878) en Occidente o uso do mokume, metal só utilizado en Xapón, composto de ouro, prata, estaño e cobre mesturados co fin de producir un xogo de vetas.